Galicia, país das letras. Actividade de Xandobela
Galicia, país das letras, potencia aspectos orais dunha maneira participativa e lúdica. Achega o alumnado de Primaria contidos culturais relacionados coa
lingua, co patrimonio e coa literatura galega.
Poténciase o traballo en
equipo, a creatividade, a expresión oral ... Xandobela xestiona otras actividades para potenciar a lingua galega.
Os nenos e nenas participantes teñen que superar unha
serie de retos, de maneira rotatoria e
cooperativa ao mesmo tempo.
Engádense probas que traballan a vida e
obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras
Galegas no ano 2013. Esta actividade está ofertada polo Concello de Betanzos dentro da súa axenda cultural para o mes de maio.
0 comentarios:
Publicar un comentario