Conferencia Heike Freire. Pedagoxía verde
Venres, 8 de marzo de 2013, no Salón de Actos da Facultade de Formación do profesorado,ás 19 horas.Conferencia de Heike Freire "Pedagoxía verde: un enfoque educativo para o século XXI.
"Comprácenme comunicarvos que o vindeiro venres, 8 de marzo, no Salón de Actos da Facultade, ás 19,00 horas, vai dar unha conferencia a periodista e escritora Heike Freire (educar en verde), conforme o cartel adxunto.(La aventura del saber, entrevista)Malia que a conferencia está organizada para o alumnado do máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, pensamos que a actualidade da temática e dos presupostos teóricos e intelectuais que aporta poden ser de interese para calquera persoa preocupada pola educación e/ou as cuestións ambientais. Polo tanto a conferencia será aberta ao público.
Así pois, agradécese tanto a participación no acto como a súa difusión.
Co meu saúdo cordial.
Uxío Otero, coordinador do máster DAEN"
0 comentarios:
Publicar un comentario