Marimanta e Gálix na exposición"GALICIA SOLIDARIEDADE" sábado 17 de xaneiro. Todo pola PAZ

PAZ, SOLIDARIEDADE, COOPERACIÓN, TOLERANCIA......Marimanta organizará, con motivo da celebración do Día da Paz (30 de xaneiro), unha exposición titulada "Galicia Solidariedade", en colaboración coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), que mostra a obra de escritores e ilustradores galegos en torno a este tema. A exposición será presentada o sábado 17 de xaneiro no Edificio Liceo ás 11:00h....