RECURSOS SAMAÍN CASTRO VILADONGA MAMÍFEROS ANFÍBIOS REPTILES AVES PECES INSECTOS PLANTAS

21 jul. 2013

Jose Carballido no Vales

Jose Carballido
No curso 2012-2013 contamos no Vales con Jose Carballido, un músico galego que se caracteriza pola complexidade das súas obras, que contan cunha posta en escena impresionante e cun estilo musical que busca a convivencia entre a instrumentación da música popular moderna e as formas e agrupacións da música clásica.
Réquiem de Jose Carballido
Réquiem de Jose Carballido
Jose Carballido, Diego Lestón e Daniel Añón dando un concerto didáctico no Liceo de Betanzos.
Leer más...

16 jul. 2013

Teatro e animación á lectura con Trinketrinke


Teatro e animación á lectura en Coirós con Trinketrinke

video
Leer más...

11 jul. 2013

Eira Vella presentou A Xanela 35 con Tino Baz

Eira Vella presentou A Xanela 35 con Tino Baz
O escritor Xesús Torres Regueiro presentou a Revista A Xanela número 35,  mencionou os temas tratados e  a todos os colaboradores. O acto rematou coa actuación do  cantautor Guardés Tino Baz,  fermosa voz e excelente interpretación,... entre os asistentes o cantautor Miro Casabella a quen adicou un afectuoso saúdo e un  poema de Blanco Amor. Parabéns para ámbolos dous, así como para Eira Vella por facer chegar a nosa  cultura o todos os galegos/as.
video
video
video
video

Leer más...

7 jul. 2013

Xosé Tomás no Vales

O ilustrador Xosé Tomás tivo un encontro co alumnado de infantil, partindo do libro Verdedades, ilustrado por Xosé Tomás e escrito por Yolanda Castaño, os nenos/as ensináronlle os debuxos que fixeron da obra e o ilustrador betanceiro agasallounos con outras ilustracións, o alumnado recitou e rapeou os poemas.
Xosé Tomás no Vales

video

video

video

Leer más...

6 jul. 2013

Carlos Callón na Asociación Cultural Eira Vella

Carlos Callón presentou o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, presentou no Edificio Arquivo de Betanzos o libro "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez".
Acompañaron ao escritor, Pilar Vázquez da Asociación Cultural Eira Vella e Carlos Díaz propietario da libraría Carricanta de Betanzos.
Blogue de Carlos Callón.
video

video

Leer más...

3 jul. 2013

Pura Galán, Pilar Vázquez con X.M.Fernández Castro

A Asociación Cultural Eira Vella presentou o acto "Agasallo de sombras" no Edificio Arquivo de Betanzos, Pilar Vázquez fixo de anfitriona e expuso un resumo resumo da traxectoria do relatante e autor do libro Xosé Manuel Fernández Castro. A Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística da Coruña, Pura Galán Boutureira, asistiu o acto. X.M.Fernánez Castro mergullounos na vida e obra de Roberto Vidal Bolaño "VIDAL BOLAÑO RECUPERADO" cita audiovisual. O acto non tivo desperdicio, excelente aporte cultural.
Leer más...

Suscríbete vía email:

Entradas relacionadas

Entradas populares

Blog Archive

vídeos

Directorio blogs

  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP