RECURSOS SAMAÍN CASTRO VILADONGA MAMÍFEROS ANFÍBIOS REPTILES AVES PECES INSECTOS PLANTAS

9 dic 2014

Presentación da Xanela nº38

Presentación da Xanela nº38

A Asociación Cultural Eira Vella convídate á presentación do nº 38 de A Xanela que terá lugar na sala Azul do Edificio Arquivo (Betanzos) o vindeiro venres 12 de decembro ás 20,30 horas e na que contaremos coa actuación musical de Narf. A súa páxina.

Leer más...

23 nov 2014

Premios Nacionais de Educación do MEC 2014

O C.E.I.P Francisco ValesVillamarín acadou o premio no apartado correspondente a "Inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais" co  proxecto presentado co título "Atención a la diversidad a través de la sensibilización y la formación permanente. Seguimos o plantamos
Desplaza o rato sobre as flores e clica nelas para acceder aos diferentes contidos, actividades e recursos do "Proxecto formativo do centro de sensibilización sobre a atención á diversidade".
Image Map I XORNADAS II XORNADAS III XORNADAS P .D . I
Leer más...

7 nov 2014

Concerto de xose constenla. Eira Vella

XOSÉ CONSTENLA

A Asociación Cultural Eira Vella convídate ao concerto de Xosé Constenla que terá lugar este venres7 de novembro ás 20 horas na sala Azul do Edificio Arquivo (Betanzos)dentro da súa xira por Galicia "Outono 2014"
XOSÉ CONSTENLA é un cantautor compostelán que ten editado tres discos (Quen fixo berrar ao silencio -2005- Olladas dun entusiasta -2008- e Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo -2013-) e ofrecido máis de 300 concertos e recitais. A súa música amosa estados de ánimo e impresións sobre o acontecer social e algunhas visións persoais de intrahistorias cotiás que están sometidas a unha constante avaliación sentimental.
Participou en ciclos e certames de canción autor, e recibiu diversos premios pola súa produción.
Leer más...

16 oct 2014

Eira Vella presenta Olympia ring 1934 de Xabier L.

Eira Vella presenta Olympia ring 1934 de Xabier L.


Asociación Cultural Eira Vella convídate á presentación da novela Olympia ring 1934 de Xabier López López  editada pola editorial Galaxia. O acto que terá lugar na sala Azul do edificio Arquivo (Betanzos) ás 20,30 horas do vindeiro venres 17 de outubro coa intervención do presidente de Eira Vella, o escritor Antonio M. Fraga e o proprio autor.
Leer más...

20 jun 2014

Dinamizando a lingua con Mini e Mero

DINAMIZANDO A LINGUA CON MINI E MERO

Mini e Mero visitaron o Vales, falaron da música tradicional, do descoñecemento do noso, do canto do alalá, de berce, de cultura pura...de Xosé María Díaz Castro,...agardo que disfrutedes con eles igual que o fixemos nos. A visita aconteceu a finales do mes de abril, pero as cousas boas non teñen data de caducidade,...A gravación, edición e publicación das actividades, visitas, xornadas,..que acontecen no centro ocupan moitas das miñas horas, e non falo solo das diúrnas...Clica nos seguintes números para ver algúns momentos da súa actuación:   1, 2, 3, 4, 5, 6, 7

Leer más...

12 jun 2014

Presentación do número 37 de A Xanela. Eira Vella

Presentación do número 37 de A Xanela. Eira Vella
   A A.C. Eira Vella convídate á presentación do número 37 de A Xanela revista cultural das Mariñas que celebraremos co concerto da vocalista Angeles Dorrio acto que terá lugar o sábado 14 de xuño ás 20,30 horas na sala Azul do Edificio Arquivo. (Betanzos)
Leer más...

23 may 2014

Letras Galegas 2014 convite da A.C. Eira Vella

Eira Vella Asociación Cultural de Betanzos, coa colaboración da
Libraría Carricanta, e co motivo da celebración das Letras Galegas 2014, convídate á homenaxe ao poeta Xosé María Díaz Castro consistente na conferencia que impartirá Armando Requeixo e a proxección do documental "O instante eterno", dedicado ao poeta e dirixido por Xosé Antón Cascudo, quen estará presente.
Agardámoste o vindeiro venres 23 de maio ás 20,30 horas
na Sala Azul do Edificio Arquivo.
Leer más...

17 may 2014

Díaz Castro libro Lim.Letras Galegas 2014

Xosé María Díaz Castro. Letras Galegas 2014
Clica na imaxe para xogar
Máis xogos: ceipcondesadefenosa  (Valdeorras por Xoaquín Freixeiro), Actividades Ardora (ceipmestrevalverdemayo), Seminario Galán (CEIP Galán Oseiro-Arteixo (A Coruña)), o que aparece neste blog dende o CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos), publicado no blogue de Infantil por macape.

Xosé María Díaz Castro protagoniza o Día das Letras Galegas do 2014. A Real Academia Galega decidiu adicarlle o día 17 de maio de 2014. Obra, vida e imaxes na web do poeta Díaz Castro xestionada pola asociación cultural Xermolos, grazas a Alfonso Blanco Torrado por facer que  isto sexa posible, Unhas palabras a Alfonso Blanco Torrado, por Marica Campo . Agradecento de todos nós a Xulio Xiz por acercarnos a Xosé María co documental "Nimbos de poesía" gravado no ano 1987.
Mini e Mero (músicos, poetas, mestres, investigadores do folklore e a cultura tradicional galega e membros históricos de Fuxan os Ventos, fundadores do grupo A Quenlla), acercáronnos á poesía de Xosé María Díaz Castro coa súa música, na visita que fixeron o CEIP Francisco Vales Villamarín deleitáronnos co Poema Penélope, a balada da araña entre outros. Está a saír "Desorvallando outonos", fotobiografía sonora de Xose María Díaz Castro.
 O IES Poeta Díaz Castro promociona o protagonista deste ano.
 Actividades para todos no Seminario Galán.
 A Asociación Cultural Eira Vella, convídate o acto doble a celebrar o vindeiro venres 23 de maio na Sala Azul do Edificio Arquivo de Betanzos. Constará dunha conferencia de Armando Requeixo sobre «Xosé María Díaz Castro. Entre Nimbos e Sombras radiantes» e da proxección do documental «O instante eterno», realizado arredor do poeta e dirixido por Xosé Antón Cascudo.
Leer más...

La escuela unitaria abierta al futuro

Mesa debate: La escuela unitaria abierta al futuro.
El acto se celebró el 24 de abril en CEIP Francisco Vales Villamarín.

"Ser y Tener" cine-documental del director Nicolas Philibert , inspirado en el fenómeno francés de la clase única (escuela unitaria), muestra una docena de alumnos entre 4 y 10 años, reunidos en la misma clase, se forman bajo la tutoría de un solo profesor de extraordinaria dedicación. El profesor Georges López  media entre sus disputas, escucha sus problemas..., intenta transmitir a sus alumnos ante todo el respeto y saber estar.
Ser y tener. Informe Cine-Documental
Leer más...

5 abr 2014

Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividad

 Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividad

"Mi hijo es hiperactivo y distraído": guía de terapias naturales y técnicas de apoyo para niños con TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividad). La leonesa Almudena Reguero vuelca en una guía sus 20 años de experiencia como madre de dos hijos hiperactivos. Podéis escuchar 1 la ponencia que pronunció el martes 25 de marzo a las 16´30 en el C.E.I.P Francisco Vales Villamarín.
 Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividad
Leer más...

18 feb 2014

Homenaxe a Rosalía de Castro

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

convídante á
acto que terá lugar o vindeiro
venres 21 de febreiro de 2014
ás sete e media da tarde
na Aula de Cultura "Xulio Cuns"
coa participación de escritores e escritoras locais,
alumnado dos centros de ensino públicos,
músicos e pandeireiteiras.
Leer más...

31 ene 2014

Encontro de teatro afeccionado de Betanzos

V Encontro de teatro afeccionado de Betanzos

V Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos. Os sábados do mes de febreiro de 2014 ás 20:00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns. Entrada se balde
Agrupación de teatro Mariñán
Día 1: Andaravía Teatro (Vedra). República de Gundián.
Día 8: Tangatutanga Teatro (Santiago de Compostela). Urraca.
Día 15: Compañía Municipal de Teatro (Sada). Historia de una escalera.
Día 22: Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos). Martini seco.
Leer más...

5 ene 2014

Vienen los Reyes Magos

Día de ilusión...los Reyes leyeron todas las cartas.
Leer más...

Suscríbete vía email:

AVISO: macape, desconoce si alguna de las imagenes gif (o fotografías, aunque salvo excepciones todas son del aut@r del blog) utilizada en alguna actividad vulneran algún tipo de copyright y por tanto ruego a quien conozca la existencia de derechos previos me lo haga saber mediante la siguiente dirección de correo electrónico econenos@hotmail.com, para que en estos contenidos aparezca el autor o, en su caso, sean eliminados del blog inmediatamente, igualmente en lo referente a la música y sonidos.

Directorio blogs

  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP