RECURSOS SAMAÍN CASTRO VILADONGA MAMÍFEROS ANFÍBIOS REPTILES AVES PECES INSECTOS PLANTAS

30 jun 2013

Un futuro para o galego

Un futuro para o galego
"Un futuro para o galego: desafíos e propostas". Nos seguintes vídeos algúns momentos da  intervención dalgúns dos relatores.
A Asociación Cultural Eira Vella organizou o acto e presentouno a actriz Isa Risco contou coa participación de:
 Francisco Torrado, membro da ANPA Brigantium
 Rubén Aramburu, crego
 Irene Pan, coordinadora de Dinamización do CEIP Vales Villamarín
 Dani López, produtor musical e deseño de audio para cine
 Mariña Longueira, AC Eira Vella
 Miguel R. Carnota, responsábel do Equipo de Normalización Lingüística do IES Breamo
 Alicia López, membro de Nova Escola Galega e Mesa Galega de  Educación no Rural
 Antón Rivas, ACLP Roxín Roxal
 Silvia Muíño, técnica de normalización lingüística do Concello de Betanzos 
Un futuro para o galego
Un futuro para o galego


Leer más...

14 jun 2013

Eira Vella presenta A Xanela 35 con Tino Baz

Eira Vella presenta A Xanela 35 con Tino Baz
A A.C. Eira Vella convídate ao recital do cantautor Tino Baz con motivo da presentación do número 35 de A Xanela.
O acto que terá lugar o sábado 15 de xuño ás 20,30 horas na Sala  Azul do Edificio Arquivo.
Tino Baz : "Buscando unha estrela", "Canción dun pintor".
Web: A A.C. Eira Vella
Leer más...

13 jun 2013

Neira Vilas e Pura Galán no Vales

Pura Galán Boutureira, Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística da Coruña, acompañou ao escritor Xosé Neira Vilas no colexio Vales Villamarín. Divertíronse cos poemas e as obras teatrais representadas polo alumnado. Algunhas das cousas que dixo Neira Vilas:

“...O idioma é a maior riqueza cultural que
Temos...é un instrumento propio de
Comunicación, hai que respectalo, falalo e
Sentirse orgullosos de posuílo...”.

...O teatro infantil ten moitas e grandes ventaxas,
apréndese a practicar e pronunciar ben o noso
idioma, pérdese o medo no escenario e apréndese
a traballar en equipo...seguide a traballar no
teatro que é moi importante na infancia...”.
Algunhas das representacións.
Os alumnos/as de 5º fixeron uns debuxos e resumos da obra "Memorias dun neno labrego", tamén participaron as familias creando un boneco para a obra "O espantallo amigo"


Leer más...

12 jun 2013

Presentación do libro de Carlos Callón

A A.C. Eira Vella convídate á presentación do libro de Carlos Callón "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez"
O acto terá lugar o vindeiro xoves 13 de xuño ás 20,30 horas na Sala Azul do Edificio Arquivo.

Leer más...

II Xornada de atención á diversidade.

II XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
II XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN
SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
CEIP Francisco Vales Villamarín
CFR A CORUÑA
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANPA Brigantium (CEIP Francisco Vales Villamarín) – ANPA O Carregal (IES Francisco Aguiar)
Excmo. Concello de Betanzos
Patrocinadas por Fundación Villuendas, La Caixa e Banco Etcheverría
Nas II Xornadas  abordouse a atención á diversidade desde unha perspectiva práctica a través de conferencias e obradoiros simultáneos.
Javier Bahón Gómez (Director da Fundación Nuevas Claves Educativas)  falou das Intelixencias Múltiples e a Atención a Diversidade, isto foi o que dixo da sinergíasinergia, así falou da motivaciónmotivación, dos estilos de aprendizaxeestilos de aprendizaxe e da cercaniacercania.
  César Gomez Cabanas (Profesor de Ciencias da terra,Tecnoloxía e Electrotécnica no Colexio Galén de Lugo) falou duha Experiencia Constructivista a pé de aula na ESO.
No obradoiro de estimulación multisensorial coas Tics catro profesores do CEE Nosa Sra. de Lourdes, amosaron as súas experiencias na aula de estimulación sensoriomotriz.
Un toque de humor dá man de Paula Carballeira, escritora, contacontos e actriz.
Ángeles Parrilla falou da inclusión educativa .
Unha visita guiada polo casco histórico de Betanzos co historiador Alfredo Erias ( A súa web)
 A tarde do sábado rematou co concerto de Juan Carlos Casal  Jazz Cuartero
Juan Carlos Casal  Jazz Cuartero
O domingo pola mañá rematou coa visión do sistema educativo ante a diversidade,  Ángeles, Sandra e Ángel  entrevistados polo  ilustrador Xosé Tomás  comentaron sobre as moitas dificultades polas que pasaron ou están a pasar,... e pola tarde viaxe en barca, xantar e xira aos Caneiros  polo río Mandeo.
Materiais II Xornadas de formación e sensibilización sobre a atención á diversidade.
Na web do  Vales máis imaxes do acto.
O meu agradecemento a Dropbox por facilitarnos a vida.
Leer más...

Suscríbete vía email:

AVISO: macape, desconoce si alguna de las imagenes gif (o fotografías, aunque salvo excepciones todas son del aut@r del blog) utilizada en alguna actividad vulneran algún tipo de copyright y por tanto ruego a quien conozca la existencia de derechos previos me lo haga saber mediante la siguiente dirección de correo electrónico econenos@hotmail.com, para que en estos contenidos aparezca el autor o, en su caso, sean eliminados del blog inmediatamente, igualmente en lo referente a la música y sonidos.

Directorio blogs

  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP