RECURSOS SAMAÍN CASTRO VILADONGA MAMÍFEROS ANFÍBIOS REPTILES AVES PECES INSECTOS PLANTAS

Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

14 jun 2022

Kamikaces de Lino García Salgado A.C. Eira Vella

 


O vindeiro xoves 16 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala Azul do Edificio Arquivo a Asociación Cultural Eira Vella contará co poeta Lino García Salgado  para a presentación de Kamikaces, o seu novo poemario, publicado pola editorial Medulia.

Leer más...

24 mar 2022

Poemarios de Ricardo Seixo na A.C. Eira Vella

Poemarios de Ricardo Seixo na A.C. Eira Vella

A  Asociación Cultural Eira Vella convídate á presentación dos poemarios de Ricardo Seixo . O acto terá  lugar  31 de marzo ás 20 horas no Salón Azul do Edificio Arquivo de Betanzos.

Actuación do grupo de música tradicional Maraxe e o colectivo gusto de vivir da poesía.


https://eiravellaac.gal/


https://eiravellaac.wordpress.com/


Leer más...

13 may 2021

Xela Arias. Letras Galegas 2021

Xela Arias, escritora homenaxeada no Día Das Letas Galegas 2021.

No Seminario Galán podemos ver documentos para imprimir, actividades, imaxes...

Outros espazos:

Biografía , poemas

BibliotecaVirtual  Galega  ,Portal da Lingua Galega  , Videos Real Academía Galega.

 Escolma de video poemas: Denuncia do equilibrio, Tigres coma CabalosDario a diario, Intemperiome,... máis en Xelaarias2021, desenvolvido por  ATtecnología para eventos.    

Créditos


Letras-Galegas-2021-Xela-Arias-econenos


Canción con pictogamas Xela Arias Castaño. Canción de Samuel Soto Macia

Outras fontes:




Leer más...

23 may 2018

Miro Casabella no XXV aniversario de Eira Vella


xunta directiva da 
convídate á celebración do seu XXV aniversario 
coa presentación do facsímil da primeira etapa de 
A Xanela (1994-1995) 
e o concerto do cantautor 
O acto terá lugar o vindeiro xoves 
24 de maio ás 20,30 horas 
no Salón Azul do Edificio Arquivo.

Miro Casabella no XXV aniversario de  Eira Vella
Leer más...

30 abr 2018

María Victoria Moreno. Letras Galegas 2018

María Victoria Moreno. Letras Galegas 2018María Victoria Moreno, escritora homenaxeada o Día Das Letas Galegas 2018.
No Seminario Galán atopamos un monton de documentos para imprimir  e actividades online.
No repositorio Abalar un Brincaletras.
Leer más...

5 ene 2018

O apalpador

O apalpador

O apalpador visitou o alumnado do Vales Villamarín, da man de Anxo Moure  mergúllense nun mundo no que o ecosistema e a vida saúdable teñen prioridade.
Leer más...

29 abr 2017

Letras Galegas 2017. Carlos Casares

Leer más...

25 jun 2016

Eira Vella e Uxía presentan a Xanela nº 41


A
convídate á presentación da revista
A Xanela nº 41
e ao recital de
o sábado 25 de xuño
ás 20,30 horas
no Salón Azul do Edificio Arquivo (Betanzos)

Leer más...

Manuel María na A.C. Eira Vella

   Manuel María foi o padriño da Asociación Cultural Eira Vella no ano 1993 nun acto adicado ao poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro.
 Amigos do escritor, coñecedores e estudosos da súa obra fan unha homenaxe moi especial no ano adicado a Manuel María, os escritores: Xesús Torres RegueiroLoís Diéguez, Miguel Mato falaron dos momentos que compartiron co poeta, das viaxes que fixeron xuntos e da súa obra. 













Leer más...

21 may 2016

A A.C. Eira Vella homenaxea a Manuel María

MANUEL MARÍA. LETRAS GALEGAS 2016
A  A. C. Eira Vella
convídavos aos actos organizados 
para celebrar as Letras Galegas 
dedicadas a Manuel María
os vindeiros mércores 25
e xoves 26 de maio
na Sala Azul do Edificio Arquivo (Betanzos)
ás 20,30 horas.
Mércores 25 de maio proxección do vídeo "Peregrinaxes" coa intervencion de Lois Diéguez.
Xoves 26 de maio conferencia de Miguel Mato sobre a obra de Manuel María.

Leer más...

3 may 2016

Letras Galegas 2016. Manuel María

 Letras Galegas 2016. Manuel María
Preme dúas veces na imaxe para ver o contido.
Leer más...

19 dic 2015

Eiravella e Roberto Somoza co A Xanela nº 40

A
Asociación Cultural Eira Vella
convídate á presentación do nº 40 de
A Xanela
acto que terá lugar
este sábado 19 de decembro
ás 20 horas
na Sala Azul do Edificio Arquivo (Betanzos)
e no que contaremos
coa intervención do saxofonista
Roberto Somoza
Ver noutros idiomas:
Leer más...

8 jul 2015

Pintando un mural con David

PINTANDO UN MURAL CON DAVID
  O alumnado do Vales Villamarín pintou o patio interior de Educación Infantil, o director do proxecto foi David (Integrante do grupo Camborios Art Crew), as mestras organizáronse para ir saíndo por quendas, e o muro comezou a coller cor. A actividade entusiasmou a toda a Comunidade Educativa, especialmente a David e os nenos e nenas que participaron con gran entusiasmo reciclando pinturas na decoración do muro.
No Blogue de Infantil publiquei todo o relacionado con esta actividade, promocionada a páxina principal do noso centro. Tamén atoparedes outros contidos que acaparan todo o meu horario, entre eles os vídeos da Promoción 2009-2015.,  Dúas horas a semana para atender a web do centro resultan insuficientes, así que o traballo vai para casa.
  Para contactar con David.
Leer más...

15 jun 2015

Eiravella e Mini e Mero presentan A Xanela 39

A A.C Eiravella e Mini e Mero presentan A Xanela 39

A Asociación Cultural Eira Vella convídate á presentación do nº 39 de A Xanela revista cultural das Mariñas acto que contará coa voz e a música de Mini e Mero o vindeiro venres 19 de xuño ás 20,30 horas na sala Azul do histórico Edificio Arquivo (Betanzos)
Clica na imaxe para ver a Mini e Mero noutro acto cultural.
Leer más...

19 feb 2015

Homenaxe a Rosalía de Castro

O Concello de Betanzos e a Asociación Cultural Eira Vella convídante ao recital poético e musical Homenaxe a Rosalía que terá lugar o vindeiro venres 20 de febreiro ás sete e media (19,30 horas) da tarde na Aula de cultura "Xulio Cuns"
Homenaxe a Rosalía de Castro

Leer más...

12 ene 2015

A Xanela 38 con Narf en concerto

A Xanela 38 con Narf en concerto

A Asociación Cultural Eira Vella presentou en Betanzos o número 38 da revista"A Xanela, Revista cultural das Mariñas" da man de Xesús Torres Regueiro, clica no icono número 38   para escoitar a presentación. O acto contou coa actuación musical do cantautor Narf.

Co nome artístico Narf publicou varios discos:
"-ALO IRMAO, Falcatruada  2010,  CD-DVD gravado  en directo, en compañía do artista guineano, Manecas Costa...
-TOTEM, Falcatruada 2007. O CD contén temas  cómo  “Quero ser tambor”, ampliamente difundido  en Países como Mozambique ou Brasil, e “Santiago”, canción coa que acadou o      2ºPOSTO  no concurso da canción en linguas minorizadas europeas ,  no festival LIET LAVLUT, SUECIA..." Máis información na súa web.
Nesta entrada unha pequena mostra da súa actuacción. 


Leer más...

9 dic 2014

Presentación da Xanela nº38

Presentación da Xanela nº38

A Asociación Cultural Eira Vella convídate á presentación do nº 38 de A Xanela que terá lugar na sala Azul do Edificio Arquivo (Betanzos) o vindeiro venres 12 de decembro ás 20,30 horas e na que contaremos coa actuación musical de Narf. A súa páxina.

Leer más...

23 nov 2014

Premios Nacionais de Educación do MEC 2014

O C.E.I.P Francisco ValesVillamarín acadou o premio no apartado correspondente a "Inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais" co  proxecto presentado co título "Atención a la diversidad a través de la sensibilización y la formación permanente. Seguimos o plantamos
Desplaza o rato sobre as flores e clica nelas para acceder aos diferentes contidos, actividades e recursos do "Proxecto formativo do centro de sensibilización sobre a atención á diversidade".
Image Map I XORNADAS II XORNADAS III XORNADAS P .D . I
Leer más...

7 nov 2014

Concerto de xose constenla. Eira Vella

XOSÉ CONSTENLA

A Asociación Cultural Eira Vella convídate ao concerto de Xosé Constenla que terá lugar este venres7 de novembro ás 20 horas na sala Azul do Edificio Arquivo (Betanzos)dentro da súa xira por Galicia "Outono 2014"
XOSÉ CONSTENLA é un cantautor compostelán que ten editado tres discos (Quen fixo berrar ao silencio -2005- Olladas dun entusiasta -2008- e Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo -2013-) e ofrecido máis de 300 concertos e recitais. A súa música amosa estados de ánimo e impresións sobre o acontecer social e algunhas visións persoais de intrahistorias cotiás que están sometidas a unha constante avaliación sentimental.
Participou en ciclos e certames de canción autor, e recibiu diversos premios pola súa produción.
Leer más...

16 oct 2014

Eira Vella presenta Olympia ring 1934 de Xabier L.

Eira Vella presenta Olympia ring 1934 de Xabier L.


Asociación Cultural Eira Vella convídate á presentación da novela Olympia ring 1934 de Xabier López López  editada pola editorial Galaxia. O acto que terá lugar na sala Azul do edificio Arquivo (Betanzos) ás 20,30 horas do vindeiro venres 17 de outubro coa intervención do presidente de Eira Vella, o escritor Antonio M. Fraga e o proprio autor.
Leer más...

Suscríbete vía email:

AVISO: macape, desconoce si alguna de las imagenes gif (o fotografías, aunque salvo excepciones todas son del aut@r del blog) utilizada en alguna actividad vulneran algún tipo de copyright y por tanto ruego a quien conozca la existencia de derechos previos me lo haga saber mediante la siguiente dirección de correo electrónico econenos@hotmail.com, para que en estos contenidos aparezca el autor o, en su caso, sean eliminados del blog inmediatamente, igualmente en lo referente a la música y sonidos.

Directorio blogs

  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP