VISITA O MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA
Zalaeta s/n. 15002 A CORUÑA
T 981 223723 F 981223769
Estas imáxenes atópanse no MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA
m.belas.artes.difusion@xunta.es
http://museobelasartescoruna.xunta.es/
Visitas guiadas para escolares: de martes a venres. Horario: de 10.00 h. a 13.00 h. ( con solicitude previa).Duración entre 60 e 80 minutos . Os grupos non deben superar os 50 escolares. Os horarios dos percorridos durante o curso escolar son: ás 10:00 e ás 11:30. As visitas son gratuitas.

-------------------------------------------------------------------------------------------------Déixovos a información de horarios por se vos animades a visita-lo museo.
A nosa visita aconteceu o martes 19 ás 11:30. Resultou moi intresante para os nen@s. Era a primeira vez que se acercaban a un museo e desexamos que non sexa a última. Foi unha visita guiada, tranquila, amena e productiva. Observaron: as diferencias entre cadros e esculturas. Distintos tipos de cadros ( paisaxe,retrato,bodegón ...). Escoitaron que as esculturas pódense facer con materiais diversos. Non se decataban de que a "Filliña " era de madeira (non estaría de máis amosar un video facendo unha talla ou ben amosar un tronco en proceso de...para que vexan a transformación. ( o mesmo para escultura de pedra). Atopamos esculturas no exterior e tamén no interior do edificio.
MÁRMOREPEDRA
MADEIRAPAISAXES:
Esta paisaxe foi a que observamos nos. Fomos descubrindo os elementos e circustancias que a rodean.( mulleres, animais,frío, vento....)
Así interpretan os nen@s as paisaxes.
RETRATOS:
A continuación os retratos:( duque) que os cativ@s confundian cun pirata a non ser pola falla do parche, cun cañon o seu caron ben podía ser. O seu caron unha Princesa cunha capa coma dos Reis Magos.( Estas son algunhas das respostas dadas polos peque@s . Observaron peiteados, cor do pelo(perrucas). En xeral vestidos da época.Nestes cadros os das persoas con máis poder adquisitivo, xollas,lazos.... adornos en xeral. Tamén se decataron do bo coidado dos animais...
Seguindo co percorrido o cadro titulado "O castigo". Os nen@s teñen que adiviñar: que aconteceu na escena, onde están, que fan, cantas persoas hai... Costoulles decatarse de que a imaxen correspondía a unha escola, pero fixándose no abecedario, no pupitre e no libro roto no chan, déronno por feito; aínda que insistían en que non podía ser, pois había poucas mesas e poucos nenos.
Logo no cadro "As lavandeiras".Viron que está pintado dunha forma diferente. Explicáronlles que o que o pintor quixo amosar non e o detalle dos rostros, dos corpos ou vestidos,senon o que están a facer. O estilo é diferente. Sitúa os nen@s nunha época nas que as lavadoras brillaban pola súa ausencia. No medio rural aínda podemos observar algunha escea coma esa: lavando nun lavadoiro, poñendo a roupa o clareo enriba das herbas, tendendo nas polas das árbores e vexetación máis próximas.Noutros lugares lavávase nunhas pedras situadas a beira dun regato ou río. No concello de Betanzos, os benefactores Hirmáns García Navera fixeron un edificio adicado a este menester "Lavadero gratuito". Fixen unhas fotos para que comparedes cos medios que utilizamos hoxe en día.
"LAVADERO GRATUITO" BODEGÓN:
Continuando co percorrido amósannos este bodegón, nel observaron diferentes conceptos espaciais :dentro/fora, diante/detrás, cerca/lonxe.Tamén formas e cores.... Este cadro pola temática resultáballes máis familiar.

OBRADOIRO:
O remate do percorrido déronnos unha ficha para colorear, o guía explicolles que as froitas teñen unha cor determinada, pero a interpretacíon foi libre, aparecian melocotóns morados, peras rosas... non deu tempo de rematala. Outro traballo con esa ficha proposto polo museo: ( danlle unha lámina na que só está debuxado o froiteiro, teñen que pegar froitas, chegar a composición anterior).
FACENDO MAXIA:
Outra suxerencia : partindo das cores primarias e facendo pequenos churros de plastilina intentarán conseguir as outras cores. Logo cortaran pequenos anacos e arrastraranos coa uña pola lámina.
Esta actividade para facer no museo cos máis pequen@s non sei se será moi axeitada, pois os anacos de plastilina rematarán polo chan.Pero resultalles MÁXICO ver como van aparecendo novas cores.

0 comentarios:
Publicar un comentario